O BNG de Viveiro ven de rexistrar no Concello una petición formal de información detallada sobre o grao de
execución das obras recollidas no convenio asinado coa Xunta de Galiza para a
mellora da rede de saneamento de Celeiro e a Edar de Viveiro asinado en
setembro de 2016, así como os prazos previstos para o comezo das obras
concernentes á substitución do emisario submarino de Viveiro roto, desde hai
anos, á altura do peirao de Celeiro.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgR2vnlinCH2DsycY12Pti9AoU8D9eplrxsUYVYRNNLFpGdoUV6Iy1S9upma4eF2If9D-yP4UXvthvffzs9WPILfuV_WubxjygrQQuaKhtNrbzGwCEbJiHL2nIMByChuN3cHrOktQRVfaQ/s400/IMG-20170620-WA0004.jpg)
Desde o
Bloque Nacionalista Galego entendemos que a veciñanza de Viveiro está a
pagar na factura do recibo da auga uns tributos (canon de saneamento e
depuración de augas residuais) por uns servizos que a administración non está a
atender axeitadamente, así como cremos que Portos de Celeiro,S.A., que xa
ingresa uns 840.000 € anuais (un promedio de 70.000 €/mes) ao ente público adscrito á Consellería do
Mar, Portos de Galicia, pola súa
actividade en concepto de tarifa X-4 (1,75%
das vendas en lonxa), está a soportar a maiores uns gastos alleos aos
propios da súa actividade empresarial que non lle corresponde asumir e que
poden repercutir negativamente na
xeración de postos de traballo da entidade.
![]() |
Foto José M. Álvez (EP) |
A formación nacionalista cre que o goberno municipal debería esixirlle á Xunta
o desenvolvemento dun Plan de Saneamento Integral da Ría de Viveiro para lograr
a recuperación dos bancos marisqueiros da ría e o incremento da súa produción,
o que permintiría as/aos mariscadores/as exercer unha actividade marisqueira de
calidade e con total garantía, ao mesmo tempo que a eliminación de vertidos de
residuos rebaixaría a mínimos a contaminación das augas da nosa costa conseguindo
que @s veciñ@s de viveiro e aos seus visitantes se beneficiaran dunha contorna
e dunhas praias de calidade de primeiro nível.
Ningún comentario:
Publicar un comentario