![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiX9PUP5M90FNczaOfrMUjrzLjyZb8W4hrorb6UAYPm0f94mO5soSWboEd5_QPr10z9CC8VrItACgU-FNqUyiJk2kGfJ23MpDH6uq4fzVeMVReTSz7zXFviYXqAFPLIvkgpHpDdPEjXLOg/s400/Presentaci%25C3%25B3n+proposta+BNG+sinalizar.jpg)
Durante a reunión María Loureiro anunciou aos
representantes presentes que levaría a moción sobre a sinalización, proposta
polos colectivos veciñais, ao pleno municipal do 15 de marzo para o seu debate,
comprometéndose a defendela e a buscar o consenso de tod@s os membros da corporación
local para aprobala por unanimidade e poder dirixirse unidos a Fomento para
reclamar, unha vez máis, a inclusión de Viveiro na sinalización vertical da A-6
e A-8.
Pola súa parte @s
representantes do BNG e dos colectivos asistentes a este acto agradeceron a boa
acollida da súa proposta por parte do goberno municipal e a súa adhesión a esta
vella reivindicación, así como manifestaron a súa satisfacción polo compromiso
da alcaldesa da defensa da súa proposta no vindeiro pleno que, recordan os seus
promotores, conta co apoio de todos os sectores económicos, sociais, culturais e sindicais do municipio.
Desde o Bng animamos a
empresas, forzas políticas, veciñanza e outros colectivos de Viveiro a sumarse
a esta iniciativa colectiva e a apoiar ao concello nesta vella reivindicación
que cremos xusta e lexitima porque, como di a proposta, aínda sendo un dos concellos con maior
potencial económico da Comarca e dos máis importantes da provincia de Lugo
segue a ser un dos concellos máis castigados e aillados inmerecidamente,
ademais de pola falta de vías axeitadas ao século XXI, pola nula sinalización
do municipio de Viveiro na Autovía do Noroeste (A-6) e do Cantábrico (A-8). Unha
nula sinalización que dificulta as/aos nos@s visitantes e usuarios destas vías de comunicación a
localización do concello de Viveiro e provoca confusión n@ viaxeir@ á hora de
buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro, incumpríndose de xeito
incomprensible un dos obxectivos das normas da Rede de Estradas do Estado que
según o propio Ministerio de Fomento non
é outra que a de “facilitar a orientación d@s conductores/as”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario