“Viveiro non merece este aillamento ao que teñen
sometido os gobernos de Feijoo e Rajoy que lle están a negar desde hai máis
dunha década unhas infraestruturas viarias modernas que lle permita conectarse
co resto do noso país”, declarou a
Responsable Comarcal do BNG da Mariña, Ana Ermida.
Esta demanda xa histórica
do pobo de Viveiro, que foi trasladada durante os últimos anos en numerosas ocasións ao Ministerio de Fomento
por distintos grupos políticos e que foi tamén outras tantas veces ignorada polo
goberno central, foi levada novamente ao pleno de Viveiro do pasado 15 de
marzo, aprobándose por unanimidade da Corporación municipal unha moción
promovida por 20 colectivos sociais, sindicais, culturais e empresariais a
iniciativa do BNG de Viveiro.
Por outra banda @s nacionalistas viveirenses denuncian o estado de abandono e aillamento no que os gobernos de Feijoo e Rajoy manteñen a Viveiro, así como ao resto da Comarca. Lamentan o desinterese que manifestan os dirixentes do PP pola da cidade do Landro, cux@s veciñ@s ven como van perdendo oportunidades de futuro pola desconexión na que os mantén Feijoo e Rajoy. “É paradóxico que @s veciñ@s de Viveiro teñamos que vir a Vilalba para coller a Autovía do “Cantábrico” subliñan @s nacionalistas, que ademais consideran imperdoable que os xefes do executivo autonómico e central permitan o desmantelamento do FEVE na Mariña e dean o seu visto bo a ausencia de investimentos nas infraestruturas viarias de Viveiro e Comarca nos orzamentos do do Estado para o 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario