O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro ven de rexistrar no Concello unha solicitude, ondeinsta a Alcaldesa-Presidenta Viveirense a elevar unha proposta de resolución ao pleno da corporación para pedir o fin do bloqueo económico, comercial e financiero imposto por EEUU durante máis de cincoenta anos á Républica de Cuba. Resolución que foi aprobada recentemente no Parlamento Galego e no concello de Cangas do Morrazo, ademáis de estarse a tramitar noutros concellos de Galiza como Pontevedra, Poio ou Bueu, entre outros, e na cal se recolle a resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas onde 191 dos seus 193 países membros esixiron no 2015 a Washington o fin do embargo á nación caribeña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario