
@s nacionalistas de Viveiro animan á concelleira de cultura, Lara Fernández, a traballar a prol da cultura galega e d@s viveirenses facilitándolles a oportunidade de coñecer, a través desta mostra de 130 pezas que conmemora os 100 anos da fundación das Irmandades da Fala, a orixe dunha etapa fundamental da nosa terra, que axudou á normalización da nosa lingua, ao rexurdimento literario, ao compromiso coa cultura e a identidade galega e que apostou desde os seus comezos pola “igualdade absoluta, política e civil da muller e do home”. O BNG de Viveiro convida ao concello e á sra. Fernández a organizar visitas guiadas á exposición “Saúde e Terra, Irmá(n)s, posto que ademais e facéndose eco das palabras pronunciadas pola propia concelleira durante o acto conmemorativo do centenario das Irmandades da Fala organizado pola RAG e o Concello de Viveiro “actos como estes son precisos para que figuras como as dos irmáns Vilar Ponte non caian no esquecemento entre as novas xeracións”
Ningún comentario:
Publicar un comentario