martes, 11 de outubro de 2016

O BNG DE VIVEIRO ANIMA @S VECIÑOS E VECIÑAS DE VIVEIRO A PARTICIPAR ESTE DOMINGO 16 DE OUTUBRO NO ACTO SIMBÓLICO DE TRASVASE DE AREA ORGANIZADO POLO COLECTIVO “SALVAR A PRAIA DE COVAS”

Desde o BNG de Viveiro manifestamos o noso apoio á nova iniciativa reivindicativa do
Colectivo “Salvar a Praia de Covas" e animamos @s viveirenses a sumarse a esta reivindicación veciñal e a participar no acto simbólico de trasvase de area que vai ter lugar este domingo 16 de outubro no emblemático areal de Covas, para que entre todas as veciñas e veciños do concello, sexamos quen de conseguir que as administracións responsables (autonómica e estatal) se poñan a traballar nun proxecto serio de rexeneración integral do areal de Covas e comecen xa o prometido e tan anunciado trasvasamento de 30.000 metros cúbicos de area desde a zona do Cembedo ata a dos Castelos para frear provisionalmente a súa dexeneración e protexer o paseo marítimo e as vivendas antes da chegada dos temporais do inverno.

Desde o BNG de Viveiro estase a manter contactos  coa  Viceportavoz 1ª do grupo parlamentar do BNG, Olalla Rodil, para interesarse polas iniciativas sobre a rexeneración do areal de Covas no Parlamento Galego e trasmitirlle a necesidade de colaborar e apoiar no Parlamento as demandas da Plataforma “Salvar a Praia de Covas” que conleven a rexeneración integral da Praia de Covas.

O BNG de Viveiro recorda que Olalla Rodil, actual deputada do BNG por Lugo, non é allea á problemática do emblemático areal, porque no mes de agosto, a petición d@s nacionalistas de Viveiro, visitou Covas para, entre outros, escoitar á veciñanza e coñecer de primeira man os motivos da degradación que está a sufrir este areal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario