luns, 6 de marzo de 2017

A ALCALDESA DE VIVEIRO DEFENDERÁ NO PLENO DO 15 DE MARZO A MOCIÓN IMPULSADA POLO BNG E SUBSCRITA POR 20 ENTIDADES E COLECTIVOS VIVEIRENSES PARA RECLAMAR AO MINISTERIO DE FOMENTO A SINALIZACIÓN DE VIVEIRO NAS SAÍDAS DAS AUTOVÍAS A6 e A8

Membros do BNG-Asembleas Abertas de Viveiro e representantes dos colectivos e entidades veciñais promotoras dunha nova iniciativa para instar á sinalización vertical do municipio de Viveiro en diversos puntos de saída da Autovía do Noroeste (A-6) e da autovía do Cantábrico (A-8) reuníronse, esta fin de semana, coa Alcaldesa de Viveiro e membros do seu goberno para presentarlle a iniciativa promovida por 21 colectivos e entidades (entre os que se atopan, Asociación Beiras de Viveiro, Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Viveiro, Xunta de Cofradías de Semana Santa, empresa organizadora do Resurrection Fest, grupo Porto de Celeiro, Cofradía de pescadores de Celeiro, Comunidades de Montes de Viveiro, Chavín e Covas, Asociación de Mulleres Angueiras e Agarimo, Viveiro Fútbol Club, Clube Egovarros, Colectivo Pensamento e Sementeira, Asociación Xulio Trigo, Asociación veciños Xuntanza de Covas e os sindicatos CIG, CCOO, UGT e Unións Agrarias).

Durante a reunión María Loureiro anunciou aos representantes presentes que levaría a moción sobre a sinalización, proposta polos colectivos veciñais, ao pleno municipal do 15 de marzo para o seu debate, comprometéndose a defendela e a buscar o consenso de tod@s os membros da corporación local para aprobala por unanimidade e poder dirixirse unidos a Fomento para reclamar, unha vez máis, a inclusión de Viveiro na sinalización vertical da A-6 e A-8.

Pola súa parte @s representantes do BNG e dos colectivos asistentes a este acto agradeceron a boa acollida da súa proposta por parte do goberno municipal e a súa adhesión a esta vella reivindicación, así como manifestaron a súa satisfacción polo compromiso da alcaldesa da defensa da súa proposta no vindeiro pleno que, recordan os seus promotores, conta co apoio de todos os sectores económicos, sociais,  culturais e sindicais do municipio.

Desde o Bng animamos a empresas, forzas políticas, veciñanza e outros colectivos de Viveiro a sumarse a esta iniciativa colectiva e a apoiar ao concello nesta vella reivindicación que cremos xusta e lexitima porque, como di a proposta,  aínda sendo un dos concellos con maior potencial económico da Comarca e dos máis importantes da provincia de Lugo segue a ser un dos concellos máis castigados e aillados inmerecidamente, ademais de pola falta de vías axeitadas ao século XXI, pola nula sinalización do municipio de Viveiro na Autovía do Noroeste (A-6) e do Cantábrico (A-8). Unha nula sinalización que dificulta as/aos nos@s visitantes e  usuarios destas vías de comunicación a localización do concello de Viveiro e provoca confusión n@ viaxeir@ á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro, incumpríndose de xeito incomprensible un dos obxectivos das normas da Rede de Estradas do Estado que según o propio  Ministerio de Fomento non é outra que a de “facilitar a orientación d@s conductores/as”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario