luns, 23 de xaneiro de 2017

A DEPUTADA PARLAMENTAR, OLALLA RODIL, ACOMPAÑADA DE MEMBROS DO BNG DE VIVEIRO E DA COMARCA DA MARIÑA REUNÍRONSE COA PLATAFORMA “SALVAR A PRAIA DE COVAS” PARA ESCOITAR AS SÚAS PROPOSTAS E DEMANDAS PARA DETER A DEGRADACIÓN DO AREAL VIVEIRENSE

O pasado venres, Olalla Rodil, acompañada por membros do BNG de Viveiro e da executiva comarcal da Mariña reunironse coa Plataforma “Salvar a Praia de Covas”, na sede do local que ten a organización nacionalista en Viveiro para coñecer os pasos dados por esta plataforma nos últimos meses na procura de solucións para poñer coto á degradación da Praia de Covas e a situación de perigo do paseo marítimo e das vivendas próximas ao mesmo. 
Durante esta xuntanza membros da Plataforma entregáronlle á deputada nacionalista un dossier do traballo desenvolto por esta plataforma veciñal e as reivindicacións feitas as diferentes administracións. Pola súa parte a Viceportavoz parlamentar trasladoulles aos representantes da plataforma que o BNG viña de presentar unha serie de emendas aos orzamentos do 2017 da Xunta, entre as que ía a solicitude da elaboración dun estudo da dinámica litoral da Praia de Covas co obxecto de sentar as bases para a súa rexeneración e darlle unha solución definitiva ao gravísimo problema de degración deste areal que ven sufrindo paulativamente a raíz, fundamentalemente, da  construcción da ampliación do espigón do muelle de Celeiro. Asimesmo o BNG comprometeuse a instar á Xunta, a través do seu grupo no Parlamento de Galiza,  a poñerlle prazos á execución do trasvase dos 30.000 TM de area prometidos, en plena campaña das autonómicas  por Portos de Galicia, para executar no mes de outubro do 2016. Así como instará á  Xunta a axilizar ante a administración competente este trasvase como medida provisional para evitar o avance do deterioro do areal viveirense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario