O BNG de Viveiro anuncia que van demandarlle ao goberno
muncipal a posta en marcha dun Plan de actuación ambiental na contorna do paseo
fluvial do río Landro, axeitado a criterios respectuosos coa natureza, para
asegurar unha protección especial da flora e fauna deste espazo natural.


·
A identificación
das especias invasoras existentes e sobre as cales é posible actuar.
·
A tala controlada
dos eucaliptos identificados e a eliminación, polos medios axeitados, dos
plumachos así coma de todas as demais especies invasoras.
·
A repoboación da
zona con árbores autóctonas propias da ribeira.
·
O estudo e
catalogación das especies de flora e fauna desta contorna para poñer en valor a
súa biodiversidade e dar a coñecer o o seu alto valor ecolóxico, promovendo a
súa conservación e protección.
·
O seguimento e
control ambiental da zona
Ningún comentario:
Publicar un comentario